27 de jun. de 2012

O cheiro do suor

No número de xuño do Novas da Galiza publico un artigo sobre a propiedade intelectual, "Música e suor para a comunidade" (o título é do xornal) que se pode ler aquí. Pertence á sección "Palestra", na que se colocan á par dous artigos con opinións contrapostas sobre un tema. Pensando aproximadamente o contrario ca min escribe Nani García. Para ler o debate completo pódense facer dúas cousas: comprar o Novas da Galiza ou esperar que publiquen o número de xullo e poñan no web o pdf de xuño. Esta última é a opción dos covardes.