Camarada: Eu só quería facer algo bonito é o título do primeiro libro de Begoña Díez Sanz (Follas Novas, 2014). O libro presentouse en Compostela a semana pasada e este é o texto que escribín eu para a ocasión e que tivo que ler outra persoa porque eu tiña ocupacións ben máis ingratas que atender a esas horas.
YO TENÍA UN CAMARADA
Confeso que son un lector de poesía bastante ocasional e que normalmente son incapaz de producir o máis mínimo discurso sobre a linguaxe lírica, fóra de banais “este libro está moi ben” ou “este libro non está demasiado ben”. É a tardiña do xoves 24 de abril e aínda non tiven a oportunidade de ler Camarada: Eu só quería facer algo bonito, pero xa me vou alegrando de que teña un título narrativo e me faga pensar en historias un pouco raras. Algunhas evocan o socialismo, pero, como sempre me pasa, tiro polo lado escuro, lembro que os militantes de Falange Española tamén se trataban de camaradas, como demostra aquela canción (cantar): Yo tenía un camarada / Entre todos el mejor / Siempre juntos caminábamos, / siempre juntos avanzábamos, / al redoble del tambor, e penso unha historia na que un falanxista trata de xustificarse ante o seu superior por un crime consumado cunha crueldade excesiva que na súa alma (pois como todos os fascistas estetiza a realidade) resulta estrañamente fermoso. O seu superior, naturalmente, fará como que o pensa e perdoaráo.

Despois o libro, como era de esperar,
demostra que non vai sobre falanxistas nin nada que se lle pareza. É
a mañá do venres 24 de abril e onte atopei máis ben que
Camarada: Eu só quería facer algo bonito fala de algo que
dalgunha maneira rematou para sempre ou está a piques de rematar e
non o fixo sequera coa vontade estética do sacrificio ritual do noso
amigo o falanxista senón caladamente, deixándose levar polo
silencio, polo simulacro, tan banal como a irrupción dun anuncio de
playlists para ximnasios no medio dunha reprodución da Noite
Transfigurada de Schoenberg en Spotify. E de como o amor é
ficción no mellor dos casos e de como o sexo ou algo que se parece
ao sexo é ao mesmo tempo unha pastilla que fai soportábeis as
miserias e unha máquina de fabricar miserias. E de como o tempo se
conxela na ruptura e non deixa de pasar pero pasa con indiferenza, e
de como en realidade non se conxela o tempo senón o seu sentido. E
de como aí está o rancor, e o rir por non chorar, e o sarcasmo, e a
compaixón, e a autocompaixón, e outra vez o sarcasmo, e outra vez o
rancor, e a culpa. E de como polo medio aparecen Peter Sloterdijk e
María do Cebreiro e un tal Xavier Campos que parece que escribiu a
frase do título pero tampouco a aclara, e até eu (eu, señoras; eu,
mamá: eu) explicando o febles que somos, porque no fondo entendo que
este é un libro que fala sobre a forza e sobre a ausencia da forza
ou a necesidade da forza, pero no fondo todos os libros falan sobre a
forza ao seu xeito, agás os de cociña e os de gramática. E, enfín,
de como todo podía ter sido máis bonito pero non o foi e boeno.
E despois, e é venres xa pola tarde,
penso que ás veces as cousas que puideron ser bonitas e non o foron
producen resultados inesperados, libros como este, e que menos mal,
porque do lado da beleza está o falanxista de antes mirando cos
ollos brillantes alternativamente a pila de cadáveres e a cara do
seu superior, satisfeito en certo modo, extasiado, feliz de que as
cousas saian ben. Yo tenía un camarada / Entre todos el mejor /
Siempre juntos caminábamos, / siempre juntos avanzábamos, / al
redoble del tambor. Pero nós
non queremos iso.