Mostrando postagens com marcador ataque escampe. Mostrar todas as postagens
Mostrando postagens com marcador ataque escampe. Mostrar todas as postagens
24 de dez. de 2013
Minifundios
28 de jun. de 2013
Insensíbeis e sen corazón
Desde xa, podedes encontrar nos quioscos (aínda hai quioscos?) o último número de Sermos Galiza en papel, no que se inclúe un suplemento cunha reportaxe titulada "Galiza, rock distinto" coordinada por Rodri Suárez (que só está na versión en papel, ollo). Na reportaxe, canda Aíd, Sés, Xurxo Souto, Xosé Bocixa, Martin Wu e Antón "Papaqueixos", aparece un artigo meu, no que tiña que falar sobre a presenza das músicas populares (na reportaxe chámanlles "rock", o que non é moi exacto pero si máis curto) na cultura galega. Isto é o que eu escribín:
INSENSÍBEIS E SEN CORAZÓN
Espero dar resposta ao
que se me pregunta.
Teño que
falar sobre o rock como parte da cultura galega e supoño que o
normal nestes casos é queixarse das dificultades da súa aceptación.
E porén, eu non penso que hoxe en día siga habendo moitos discursos
que exclúan a música popular (o rock é apenas un capítulo desta,
pero chamareille rock a todo por abreviar) da cultura galega (cultura
tamén é complexo, e galega non digamos, pero hai o espazo que hai:
simplifiquemos).
É certo
que arrastramos o lastre de dous mitos: un, o da alta cultura, máis
universal, segundo o que só a chamada música culta, canda os
Beatles, Bob Dylan, certo jazz e pouco máis, sería quen de resistir
a comparación con outras artes. E outro, máis noso, o
nacional-popular, que reduce o popular ao tradicional (ou a unha
versión estática do tradicional, como se fose doado decidir o que é
tradicional e o que non) e segundo o que o resto de manifestacións
non serían xenuína cultura galega. Para o primeiro mito, o rock
fracasa no capítulo “cultura”. Para o segundo, no capítulo
“galega”.
Eu creo
honestamente que ambos mitos están hoxe desactivados na maior parte
dos ámbitos e que a importancia do rock na cultura galega está
amplamente aceptada, non sendo que esteamos a falar dunha aceptación
institucional (se aceptación implica medallas Castelao, viva a
invisibilidade). Outra cousa é que se falamos de rock cantado en
galego fronte ao rock noutras linguas se dea un conflito lingüístico
análogo ao que existe noutros ámbitos, mais entendo que ese é
outro asunto.
No entanto,
estas queixas pola pouca consideración cultural do rock existen e
son un pouco parte do propio ritual do rock. E as ansias por
devolverlle a este o “estatus que merece” adoitan acabar na
defensa dunhas supostas relacións entre rock e literatura (máis
concretamente poesía) que considero falsas, cando non perigosas.
Acontece
que a poesía goza dun enorme capital simbólico: unha persoa que non
goste dela, xa saben, é insensíbel e non ten corazón. A
insistencia en aproximar o rock da poesía trata de contaxiar aquel
do capital desta, co resultado involuntario de facelo subsidiario
dela (fálase da poesía no rock, xamais do rock na poesía) e
despreocuparse da calidade ou da innovación musical porque, xa se
sabe, o importante son as letras das cancións. E tanto social como
formalmente, unha boa canción non debería parecerse a un bo poema
máis do que un tigre a un gato.
E acontece
tamén que en Ataque Escampe está Roi Vidal con obra poética e
dramática e mais eu, que tamén teño algún libro, e como ademais
soemos dedicar máis de tres minutos a escribir as letras das
cancións, todo o mundo dá por suposto que somos xente moi sensíbel
(que non digo que non) e que as nosas cancións son pura poesía.
Pero non.
![]() |
| Roi Vidal e o alcalde de Carral: rima fácil |
13 de mai. de 2013
Et après moi, le déluge
O xoves 17 de maio estarei na libraría Orfeu de Bruxelas convidado pola asociación galego-portuguesa Couto Mixto. Vou tocar e cantar (si, cantar) algunhas cancións non moi coñecidas de Ataque Escampe, dicir de memoria algúns textos do meu proto-libro Punk (que algún día se publicará), explicar por que non creo que a música e a literatura teñan nada a ver unha coa outra e contar a xénese do selo Discos da máquina. Veñan se non teñen mellor cousa que facer (e se viven en Bruxelas, claro).
Este é o texto de presentación do acto:
"Samuel Solleiro, músico no grupo Ataque Escampe, membro do selo musical Discos da máquina e escritor, falará sobre o seu inminente libro Punk e mais sobre o que hai detrás do proxecto Discos da máquina.
Se non teñen as orellas moi finas, talvez se atreva a facer un breve showcase acústico dalgunhas cancións de Ataque Escampe.
Et après lui, le déluge."
Este é o texto de presentación do acto:
"Samuel Solleiro, músico no grupo Ataque Escampe, membro do selo musical Discos da máquina e escritor, falará sobre o seu inminente libro Punk e mais sobre o que hai detrás do proxecto Discos da máquina.
Se non teñen as orellas moi finas, talvez se atreva a facer un breve showcase acústico dalgunhas cancións de Ataque Escampe.
Et après lui, le déluge."
Marcadores:
ataque escampe,
concertos,
conferencias,
discos da máquina,
punk,
recitais
27 de dez. de 2012
Espaguetis con atún
Assinar:
Postagens (Atom)



