18 de fev. de 2013

Feliz como un watusi: Mosimanegape Nts’ihlele

Após uns meses de pausa, retomo o espazo Feliz como un watusi en Letra en Obras. Nesta sexta entrega cóntolles as aventuras e as desventuras dun escritor relixioso de Lesotho: outro país que non me colorea moito o mapa.

"Mosimanegape Nts’ihlele e a inocencia recobrada". Aquí.


















Artigos anteriores:

8 de fev. de 2013

Todo o que ten que ver co Partido Popular é violento

Vén de aparecer o nº 20 da revista ProTexta. Inclúe unha entrevista de sorprendente titular a cargo de Óscar Iglesias, orixinalmente realizada para o suplemento Luces de El País pouco antes do seu peche. Inclúe tamén unha crítica do libro a cargo de Iago Castro Buerger. Todo, aquí.

6 de fev. de 2013

Le cercle parfait





























Veño de recibir o fanzine Reciclar a carraxe, unha tradución colectiva para o galego dos textos do disco Notre silence de Michel Cloup. É un fanzine dos de verdade, de recortar e pegar, como debe ser. Eu colaborei coa tradución da canción "Le cercle parfait", que ademais ten videoclip.



1 de fev. de 2013

Cando aterrei non había ninguén agardando por min

Á espera de ter (e poder dar) algunha noticia sobre a publicación de Punk, deixo a modo de (segundo) adianto unha das fotografías de Alba Viñas que incluirá o libro.