Apareceu nas últimas semanas un libro colectivo contra a mina de Corcoesto, Versus cianuro, que inclúe un texto meu, "Trasacordo". A persoa que se encargou de contactar comigo comentou o texto cunha cita da súa nai: "quedar como un rei sen gastar un peso". E si, é exactamente iso.
O libro costa cinco euros e non ten distribución en librarías, só se pode conseguir nas presentacións. A próxima é en Compostela, na Gentalha do Pichel o venres 12 de xullo ás 21h. A falta dun sitio web máis claro, ou da miña capacidade para localizalo, neste foro recóllense algunhas das próximas presentacións.
O libro costa cinco euros e non ten distribución en librarías, só se pode conseguir nas presentacións. A próxima é en Compostela, na Gentalha do Pichel o venres 12 de xullo ás 21h. A falta dun sitio web máis claro, ou da miña capacidade para localizalo, neste foro recóllense algunhas das próximas presentacións.
Trasacordo
I
De Elvira Riveiro Tobío Para
Samuel
solicitude de colaboración en libro
colectivo. Bos
Cabana de Bergantiños queren abrir
unha mina
proxecto é un auténtico atentado
ecolóxico e
unha mostra máis das fauces
devoradoras do
capitalismo salvaxe. Hai cumprida
información
Cultural Caldeirón de Malpica de
Bergantiños
quere sumarse ás medidas, protestas e
accións
en contra desta desfeita argallada de
costas á
poético-reivindicativa
na que se faga patente
o rexeitamento dos/das poetas fronte á
alusivo que podes enviar ao seguinte
enderezo de
será presentado nos próximos meses.
Agradezo
de antemán a túa colaboración e
convídote a que,
se tes vagar, vexas estes vídeos (son
breves) que
poden darche unha idea ilustrativa da
auténtica desfeita
que supón este tipo de explotación
mineira.
http://www.youtube.com/watch?v=xdAXnqDT5MA
http://www.youtube.com/watch?v=80mfF1De00U
Abrazo cordial, Elvira Riveiro Tobío
http://www.youtube.com/watch?v=xdAXnqDT5MA
http://www.youtube.com/watch?v=80mfF1De00U
Abrazo cordial, Elvira Riveiro Tobío
II
De Samuel Solleiro Para Elvira
Riveiro
Tobío xov, 21 mar 2013 17:25
Asunto: Re: solicitude
de colaboración en libro colectivo. Bo
día, En primeiro
lugar, grazas polo convite a
participar. Nunca me
sentín moi cómodo escribindo adrede
para un tema
específico. En realidade, tampouco
confío moito
na utilidade de facelo. Sábeme mal por
ser o tema
que é, pero en pincipio, e non sendo
que me veña unha
moi boa idea á cabeza nos próximos
días, vou declinar
o convite. Outra vez grazas. Un saúdo.
Samuel Solleiro
III
De Elvira Riveiro Tobío Para
Samuel
Solleiro ven, 22 mar 2013 15:39
Asunto:
Re: solicitude de colaboración en
libro
colectivo. de nada, hom... grazas a ti
en todo
caso por ter a amabilidade de
contestar. deica!
IV
De Samuel Solleiro Para Elvira
Riveiro
Tobío mar, 2 abr 2013 17:01
Asunto: Re:
solicitude de colaboración en libro
colectivo.
Ola outra vez, Cambiei de idea sobre o
poema.
Vai anexa unha proposta. Á hora de
maquetar
habería que ter en conta que uns
espazos que
deixo ao comezo de cada apartado, onde
van
as datas, son deliberados. Polo demais,
non creo
que teña maior problema. Un saúdo,
samuel